O maratón Pink Power recadou un total de 4.000 euros para a A.E.C.C.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O maratón deportivo Pink Power -que combinou exercicios de zumba, bodycombat e capoeira- celebrado o pasado domingo 19 de outubro no Multiúsos Fontes do Sar, coincidindo coa conmemoración do Día internacional contra o cancro de mama, contou coa asistencia de máis de 500 persoas, que coa súa solidariedade axudaron a recadar 4.000 euros. O evento contou coa colaboración das concellerías de Servizos Sociais e Deportes do Concello de Santiago. Esta contía irá destinada integramente á Asociación Española Contra o Cancro. O maratón, que contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, e do alcalde da cidade, Agustín Hernández, serviu non só para recadar fondos para a AECC, senón tamén para concienciar sobre a necesidade de practicar exercicio e levar unha vida saudable para axudar na prevención de enfermidades coma o cancro de mama.

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, amosa a súa satisfacción e agradece a participación solidaria dos composteláns, que sempre teñen unha resposta moi positiva en eventos de carácter altruísta.

22 de outubro de 2014 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.