O goberno ferrolá estende ao barrio de Esteiro o plan de renovación de rúas da cidade
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou das actuacións que se están a realizar nos barrios de Esteiro, Ultramar, A Graña e Catabois dentro do programa de renovación integral de viarios e rúas, posto en marcha polo Goberno Municipal de Ferrol. Este plan de mellora da cidade conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros e permitirá dotar dun novo pavimento máis dunha trintena de rúas do municipio.
En concreto, na xornada de hoxe as cuadrillas de operarios de Tragsa, a empresa encargada da execución deste programa, están realizando labores de fresado e aglomerado do firme nas rúas Antelo, Mendizabal, Soto e Travesía de Vigo; todas elas situadas no barrio de Esteiro. Así mesmo, tamén están acometendo o pavimentado con aglomerado asfáltico do tramo dende o túnel ata o casco urbano de A Graña, e continúan coas tarefas de pintado e sinalización viario na estrada de Catabois e nas rúas Pontevedra e Pérez Villamil. Ademais, a previsión de traballo para mañá venres se centra nos barrios de Esteiro e Santa Mariña. Concretamente, se actuará nas rúas Soto, Mendizabal e Casal dos Ovos.
Por outra banda, as cuadrillas de operarios de Tragsa xa finalizaron o fresado e a retirada de adoquinado nas rúas Venezuela e Sánchez Calviño, en Ultramar. Así mesmo, os traballos continuarán nestes viarios coa aplicación do firme definitivo cando finalicen as obras de canalización que a empresa Fenosa está a realizar dende a xornada de onte. A coordinación dos traballos de aglomerado e canalización evitarán levantar a rúa en dúas ocasións.











