O goberno de Nigrán modifica o sentido de circulación do Camiño dá Gándara
O goberno municipal modifica o sentido de circulación do Camiño da Gándara, que quedará habilitado desde mañá martes 21 de outubro como un viario cun único sentido de circulación entre a Rúa Ponte Muíña e Porto do Molle, en sentido descendente cara ao parque empresarial.
Con esta actuación, o goberno municipal mellora un dos accesos a Porto do Molle á vez que incrementa a seguridade viaria para os peóns, “coa habilitación dunha senda peonil que discorre pola marxe dereita do viario até o parque empresarial”, explica o alcalde, Alberto Valverde.
A modificación do sentido de circulación responde o incremento de actividade que experimentou o parque empresarial nos últimos anos, un crecemento que trae consigo un aumento de vehículos e peóns na zona. “Esta medida mellora a seguridade viaria e peonil dun do acceso ao parque empresarial, que polo seu trazado é especialmente empregado polos nosos veciños”, engade o rexedor.











