O goberno de Ferrol insiste en dar celeridade á regularización dos residentes históricos en Recimil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro responsable de Economía do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, deu conta esta mañá da proposta de actuación para o barrio de Recimil aos diferentes grupos municipais na comisión informativa da Área. Langtry Caínzos recalcou a importancia do consenso “na elaboración da folla de ruta definitiva para a recuperación da calidade de vida do barrio”.

O Plan de Actuación para Recimil aposta polo mantemento do barrio así como pola súa recuperación e dinamización. A proposta contempla dous ámbitos diferentes: a resolución dos problemas inminentes e evitar un novo deterioro do barrio. O edil de Economía apuntou que unha das medidas prioritarias “é dar a maior celeridade ao proceso de regularización dos ocupantes das vivendas de Recimil”. Unha vez ordenada a situación dos veciños e recuperadas as vivendas baleiras, se procederá á posta a disposición dos inmobles a través do arrendamento das vivendas dispoñibles, das cales un porcentaxe se reservarán a necesidades da Concellería de Benestar Social e outras para posibles persoas interesadas.

Outras medidas que se prevén na proposta que defendeu en comisión o titular de Economía son o Plan de Intervención Socio-Comunitaria e de dinamización do barrio. Tamén se creará unha Oficina Municipal de Atención ao Inquilino que ten previsto a súa posta en funcionamento para o vindeiro ano no propio barrio, así como unha Comisión de Coordinación Administrativa do barrio integrada polas Áreas de Obras, Urbanismo, Patrimonio e Benestar Social. Ademais, o Plan de Actuación de Recimil contempla o arranxo das vendas desocupadas e a posta a disposición da cidadanía.

21 de outubro de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.