O filial do Azkar Lugo F.S. sucumbe ante o Xove F.S.
Non puido sumar a súa cuarta vitoria noutros tantos partidos o filial do Azkar Lugo F.S. e caeu derrotado na súa visita a Xove ante o líder por 6-3. Nun partido no que na primeira metade non houbo un claro dominador, ben é certo que o filial tivo controlado o partido en todo momento debido principalmente ao gol de Costoya no minuto 1; máis tarde Diego Fente conseguiría aumentar a distancia no marcador era o minuto 14 de partido. Pero tras un tempo morto local e unha xogada desafortunada Bruno lograba o primeiro gol para os locais, así parecía que se ía chegar ao descanso ou mesmo cun marcador máis avultado por parte da Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B, xa que dispuxeron de varias ocasións de gol moi claras, pero a falta de 8 décimas para o final da primeira metade o Xove lograba igualar o partido por medio de Antón, logo dunha xogada desafortunada para o filial.
A segunda parte comezaba como remataba a primeira, cun pouco máis de dominio visitante, pero ía ser no minuto 23 cando o equipo local se poñería por diante no marcador logo dun gol de Alejandro. A Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B seguía intentándoo e gozaba de claras ocasións, pero a falta de rotacións, debido á cantidade de baixas coas que contaba, ía pesar no cansazo dos seus xogadores, que vían como no minuto 30 Iván lograba o 4-2 para os locais. Non decaía o equipo filial no seu empeño por sumar algo na súa visita á Mariña e conseguía recortar diferenzas grazas a un gol de Costoya, así chegábase ata o minuto 37 onde o Xove F.S., moito máis fresco, conseguía cun gol de Bruno poñer o 5-3 no marcador; o técnico da Pena Españolista Azkar Lugo F.S. intentábao con porteiro-xogador, pero unha xogada desafortunada e o ímpeto de Asier por cortar unha clara xogada de gol custáballe a expulsión e concedía un dobre penalti ao equipo local, que non desaproveitaría Manu para poñer o definitivo 6-3. Con este resultado o Xove F.S. queda como líder en solitario con 12 puntos.
Ficha técnica:
Xove F.S. 6: Carlos, Marcos, Antón, Bruno e Enrique,-cinco inicial-, Víctor, Manuel, Iván, Alejandro, Bruno, Antón e Ismael.
Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B 4: Nacho, Asier, Diego Fente, Costoya, Álvaro,-cinco inicial-, André, Jacobo, Pablito e Areñas.
Árbitros: Fernández Pita e Ruano Melón (colexio ferrolán). Amoestaron a Iván e Alejandro polo Xove F.S. e a Asier Diego e Álvaro pola Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B. Expulsaron a Asier pola Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B.
Goles: 0-1 min.1 Costoya, 0-2 min 14 Diego Fente, 1-2 min 15 Bruno, 2-2 min.20 Antón, 3-2 min.23 Alejandro, 4-2 min. 30 Iván, 4-3 min 35 Costoya, 5-3 min 37 Bruno e 6-3 min.39 Manu.
Incidencias: Partido disputado no Municipal de Xove ante máis dun centenar de espectadores.











