O espectáculo circense “Impreuna” chega ao Auditorio de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

Mañá, mércores, ás 20.30 h o Auditorio acolle a obra Impreuna. Un espectáculo diferente que descobre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas. É da compañía Pistacatro, e as entradas pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo da actuación na billeteira.

O sábado día 18, o Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO – pecha o telón con dous espectáculos. O primeiro será ás 19 h a cargo de Pablo Fidalgo. A Performance O estado salvaxe. Espanha 1939. Máis tarde, ás 20.30 h, comezará a obra 30/40 Livingstone, da compañía Sergi López e Jorge Picó.

O domingo día 19 é o turno das pequenas e os pequenos coa actividade infantil Antía, Wamba e o regato pequeno. A cargo da compañía A tropa de trapo, o espectáculo comezará ás 12 h e está indicado para maiores de 2 anos.

Como proposta musical temos a cita habitual do venres ás 20 h coa Banda Municipal, que volverá ao Centro Cultural José Ángel Valente.

Ademais disto, no Museo Municipal pódese visitar a exposición correspondente ás XXVI Xornadas de Banda Deseñada, e ata o 31 de outubro estará no Auditorio a exposición Expresiones V, da artista Novais.

14 de outubro de 2014 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.