O domingo dispútanse en Tui as finais do I Torneo Eurocidade de Tenis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este domingo, 5 de outubro, celebraranse os partidos finais do I Torneo Eurocidade de Tenis. Este torneo vense disputando dende o pasado 19 de setembro nas pistas de tenis de Areas en Tui e nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Tenis Tui.

Máis de un centenar de tenistas están a participar no torneo nas tres categorías, absoluta masculina, absoluta feminina e dobres. As finais serán este , que terán a súas finais o próximo domingo, sendo o programa desta xornada o seguinte (horas españolas):

PISTAS DE TENIS DE VALENÇA

10:30     PISTA 1 – FINAL CONSOLACIÓN MASCULINA ABSOLUTA

PISTA 2 – FINAL CONSOLACIÓN FEMININA ABSOLUTA

PISTAS MUNICIPAIS DE TENIS DE AREAS – TUI

9:30       PISTA 1 – FINAL DOBRES

PISTA 2 – FINAL DOBRES – CONSOLACIÓN

11:30     PISTA 1 – FINAL MASCULINA ABSOLUTA

PISTA 3 – FINAL FEMININA ABSOLUTA

13:00     PISTA CENTRAL – PARTIDO EXIBICION DE PROFESIONAIS

– CARLOS BECKE Vs DAVID VIDAL –

13:30     ENTREGA DE TROFEOS

A Eurocidade Tui-Valença e o Concello de Tui desexa felicitar ao Club Tenis Tui pola excelente organización deste torneo, así como aos participantes neste I Torneo Eurocidade de Tenis e anima a tódolos veciños de Tui e Valença a acudir a animar aos deportistas nesta xornada final

1 de outubro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.