O departamento de Participación Cidadá de Mos organiza unha charla sobre electrocontaminación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza unha charla informativa sobre o libro “Verdades y mentiras de la electrocontaminación y posibles efectos sobre la salud” para a poboación xeral.

A conferencia, a cargo de Plácido González Nogueira –autor do libro que lle dá nome á mesma- e respaldada pola  Asociación Aire Limpo (Asociación Informativa Independiente Radiación Electromagnética da cal o propio Plácido é presidente), pretende informar á cidadanía sobre o ameazante incremento de ondas e campos electromagnéticos de altas e baixas frecuencias, supostamente tan perigosos para a saúde; e seguindo as recomendacións da OMS e o Parlamento Europeo, que son aplicar inmediatamente o principio de precaución.

A través do seu libro, o autor busca, dunha maneira rigorosa, clara e fácil dar a coñecer a controversia entre dúas posturas: por un lado a dos intereses polas  grandes corporacións (compañías eléctricas, telefónicas …) e por outro lado, a de aqueles que se senten en perigo polos posibles efectos sobre a súa saúde e a dos seus familiares. Como expoñen, as ondas electromagnéticas de alta e baixa frecuencia producidas por sistemas wifi, antenas de telefonía, transformadores, liñas de alta tensión, aparatos electrodomésticos como microondas, cadros eléctricos … poderían provocar alteracións no sistema nervioso central causando problemas de saúde, algúns mal diagnosticados, como: alteración do sono, insomnio, depresión, trastornos nerviosos, cambios de humor, fatiga crónica, irritabilidade, migraña, perda de memoria, cansancio continuo, dores reumáticos, fibromialxia …

Esta actividade vai destinada principalmente a toda a poboación empadroada no Concello de Mos, e indirectamente a calquera persoa interesada nesta temática que non pertenza a este municipio.

Esta charla informativa levarase a cabo o venres 31 de outubro, en horario de 19:00 horas a 20:30 horas no salón de actos do CDL, Centro de Desenvolvemento Local de Mos.

27 de outubro de 2014 | 15:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.