O departamento de Cultura de Cambre convoca o XXXI Certame de Pintura
O Concello de Cambre convoca o TRIXÉSIMO PRIMEIRO CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE, dotado con 5.000 euros para o primeiro premio, 3.000 euros para o segundo e dous accésit. Poderán concorrer os artistas de calquera nacionalidade residentes en España, que así o acrediten, cun máximo de dúas obras. A recepción das obras será do 27 de outubro ao 13 de novembro no horario de 10.00 horas a 13.30 horas os días laborables e sábados de 10.00 horas a 14.00 horas. Remitiranse a : Casa da Cultura “Villa Concepción”, praza Villa Concepción, n.º 1,O Temple 15679 CAMBRE (A Coruña).
A entrega de premios terá lugar o día 12 de decembro, ademais o xurado seleccionará segundo acorde as dimensións da sala de exposicións, un número de obras que destaquen polo seu valor artístico dentro do conxunto de pezas a concurso para a súa exhibición na Casa da Cultura “Villa Concepción”, dende o día da presentación do fallo do xurado ata o 31 de xaneiro de 2015. Realizarase un catálogo no que se incluirán as fotografías das obras seleccionadas. As obras correspondentes ao primeiro e ao segundo premio, pasarán a formar parte do Patrimonio Cultural do Concello.











