O Concello do Carballiño recibe o escrito de Galaurea sobre a situación laboral das traballadoras subrogadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño recibiu, a ultima hora deste pasado luns 27 de outubro, o escrito solicitado á empresa Galaurea, no que se pedía a concesionaria que informase sobre a situación laboral das traballadoras subrogadas no servizo de axuda a domicilio.

Nada máis recibir este informe o alcalde remitiuno aos departamentos de intervención e secretaria, para que “determinen se existe algunha causa de incumprimento do contrato e do prego de condicións, que puidesen ser causa suficiente para a rescisión do citado contrato coa empresa Galaurea”.

Desta forma cúmprese o prazo marcado por alcaldía para recibir a información da empresa concesionaria, e seguidamente poder argumentar a continuidade ou non da concesión coa cintada empresa.

Desde alcaldía solicitouse a máxima celeridade aos departamentos de intervención e secretaria, para poder dar unha resposta neste asunto, o máis pronto posible.

28 de outubro de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.