O Concello de Santiago espera que a xuíza que investiga a morte dunha moza permita alternativas para devolver a luz a dúas rúas
O Concello de Santiago remitiu este mércores unha carta ao xulgado de instrución número 2 de Santiago para pedir á xuíza que investiga a morte dunha menor que resultou electrocutada ao tocar un farol, permita alternativas para devolver a luz a dúas rúas, sen subministración por mandato xudicial.
A casa do concello recibiu este martes un requirimento xudicial que instaba ao corte de todo o cadro eléctrico ao que pertence a liña na que se produciu o accidente. Este corte, que realizou a Policía Xudicial, deixou sen iluminación pública dúas rúas da cidade.
A raíz disto, o concello remitiu un escrito ao xulgado poñéndose á súa disposición e solicitando que a xuíza autorice algún modo para “repoñer a subministración nesa zona”, dado que é unha “cuestión relacionada coa seguridade” nestas rúas.
“O que nós solicitamos á xuíza é que poidamos propoñer unha alternativa para volver á normalidade nesas rúas”, indicou Hernández, que está á espera dunha resposta. De ser posible actuar no cadro eléctrico, a actuación sería máis sinxela, indicou o rexedor, mentres que outro tipo de actuación “levaría máis tempo”, aclarou.











