publicidade hoxe

O Concello de Neda abre o prazo de inscripción no obradoiro “Aprende a falar en público”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda anunciou a apertura do prazo de inscripción no obradoiro “Aprende a falar en público”, que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Celebraráse o próximo xoves, 6 de novembro, no Salón de Actos da Casa da Cultura. Cunha duración de 90 minutos, dará comezo ás seis da tarde.

Trátase dunha acción pensada especialmente para estudantes, profesores, xornalistas, opositores, oradores eventuais e en xeral, para calquer persoa con ganas de mellorar a súa capacidade persuasiva e as súas dotes para falar en público. Entre os contidos, trataráse a preparación do discurso, a transmisión de ideas, a comunicación non verbal ou a actitude do orador. Así, os interesados en participar neste obradoiro, completamente gratuíto, poden anotarse dende xa na casa consistorial (1ª pranta) de luns a venres de 9 a 14 horas.

29 de outubro de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.