O Concello de Monforte instala novas porterías en catro áreas recreativas da cidade
O Concello de Monforte leva a cabo a substitución das porterías de futbol sala/balonmán situadas en catro áreas deportivas e recreativas do casco urbano.
Esta actuación realizarase nas áreas da Compañía, parque Dr. López Suárez, Rioseco e Piñeira. Operarios municipais iniciaron hoxe os traballos na área da Compañía e continuarán nas outras zonas durante esta semana.
O obxectivo é instalar un total de oito porterías metálicas fixas que substitúan ás existentes, xa que debido ó seu uso non se atopan no estado máis axeitado para garantir a seguridade dos ususarios/as destas instalacións.
O custo deste material deportivo ascende a 3.900 euros, cantidade financiada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), en nun 20 % polo Concello de Monforte.
Ó longo desta semana as catro áreas recreativas/deportivas antes mencionadas disporán das novas porterías.
Dende o Concello advírtese que estas porterías non poden ser utilizadas o mesmo día no que se instalen, xa que precisan dun tempo prudencial para que o cemento fragüe e queden ben asentadas. Esta circunstancia notifícase a través de carteis colocados nas áreas recreativas, nos que tamén se piden disculpas polas molestias ocasionadas.











