publicidade hoxe

O Concello de Miño acomete diferentes obras de mellora no municipio cun investimento que supera os 900.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

Ao longo deste mes, o Concello de Miño está a levar a cabo ou puxo en marcha máis de 20 actuacións de mellora, mantemento ou reforma de equipamentos e infraestructruras públicas do municipio.

O obxectivo básico é o de mellorar a seguridade e a comodidade, así como ofrecer uns mellores servizos aos veciños.

EQUIPAMENTO MULTIDEPORTIVO DA GALEA

A principios de outubro, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visito as obras da nova zona deportiva da Galea (A Regueira) onde a institución provincial investiu 298.139 euros, na primeira fase da actuación desta área deportiva que contará con pistas de baloncesto, futbito, cancha de tenis e pádel, asi como unha zona reservada para skate e unha senda para a práctica de running.

PARQUE INFANTIL TELLE

Esta semana inícianse as obras de ampliación e adaptación do Parque infantil de Telle que se finalizarán nun mes; o orzamento ascende a 50.000 euros. Substituíranse os xogos deteriorados e colocaranse uns novos xogos infantís e un circuíto de ximnasia cumprindo todos eles coa normativa europea sobre seguridade en instalacións de áreas de xogo infantil.

REFORMA DAS DEPENDENCIAS DA GARDA CIVIL DE MIÑO

As obras, que comezaron esta semana e teñen un prazo de execución de 4 meses consisten na reforma integral de toda a planta baixa do edificio. O orzamento da obra é de 109.000 euros e con iso búscase a creación de novas áreas de atención aos veciños; na actuación inclúese a demolición de tabiques e realización de novas divisións internas cambio de iluminación e de electricidade e traballos de fontaneria, saneamento e ventilación, así como obras de carpintaría.

Esta reforma dará espazo ás diferentes áreas destinadas a oficina de atención ao público, con espazo diferenciados: a da muller, do menor e a de atención ao cidadán, así como un despacho do comandante, e outros espazos privados (sala de interrogatorio, academias, arquivo, almacén, vestiarios e aseos).

ASFALTADOS

Cun orzamento de máis de 112.000 euros comezaron as obras de asfaltados no mes de setembro. Renovouse o asfalto da rúa Pardiñeira en Miño e mellorouse o firme e reparou o pavimento dos camiños de Nande, Bañobre A Rigueira e Sombreu, asi como a ampliación do aparcadoiro do campo de fútbol de Gallamonde.

Este mes de outubro comezarán as obras de pavimentación do viario da Pedreira, en Bemantes e está previsto o afirmado duns camiños en Sombreu, Breanca e Bañobre. Tambien levasen a cabo as obras de pintado do pavimento da Rúa A Carreira e a Estrada da Praia. Igualmente están previstas as obras de reparación do lavadoiro de Sombreu e a adecuación do viario de acceso ao aparcadoiro da Galea. O investimento destas obras ascende aos 149.442 euros.

OUTRAS INFRAESTRUTURAS: Mellora da Rúa Selecta, Rúa Rúa e baixada á praia pequena

Estas obras contan cun orzamento de 185.000 euros. As obras que se van a executar consisten na substitución e mellora da rede de abastecemento e transformación do sistema de saneamento unitario en rede separativa de pluviais e fecais. Tambien se mellorara o pavimento co fin de promover unha contorna urbana máis seguro que permita a coexistencia da circulación rodada e os peóns.

28 de outubro de 2014 | 20:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.