O Concello de Lugo e E.On asinan unha colaboración de 30.000 euros para o San Froilán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director Xerente de Begasa e responsable de E.ON en Galicia, Luis García Santalla, asinaron un convenio polo que a entidade aporta a cantidade de 30.000 euros para as festas do San Froilán.

Desta maneira, o Concello nomeará o escenario principal situado na Praza Horta do Seminario e onde actuarán grupos nacionais e internacionais como Escenario E.On.

Carmen Basadre quixo agradecer a aportación que fan para as festas xa que ”toda colaboración é boa para levar a cabo unhas festas tan importantes para a cidade como é o San Froilán.”

Pola súa parte, García Santalla, explicou que “E.ON síntese comprometida coa provincia e que supón un motivo de orgullo para a compañía poder patrocinar un acontecemento tan importante como o San Froilán e poder acompañar aos lucenses nunha data tan sinalada”.

1 de outubro de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.