O Concello de Ferrol xa dispón da nova cartografía dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, que dirixe Guillermo Evia Pérez, informou sobre a actualización da cartografía dixital e ortofotos realizadas de todo o municipio. Así, cóntase con cartografía e ortofotos de todo o concello a escalas 1:500; 1:1000 e 1:2000. Así mesmo, as ortofotos teñen unha resolución de 20 centímetros por píxel.

Esta cartografía ademais de estar realizada nos modelos tradicionais de debuxo “CAD”, é unha cartografía GIS adaptada ao modelo de datos establecido polo Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Isto permite intercambiar información entre as Administracións aforrando a duplicidade de traballos. Así mesmo, tamén posibilita o desenvolvemento sobre ela de programas de seguimento e mantemento da información municipal vinculada a calquera obxecto que se atope na cartografía. Por exemplo, permite ter toda a información asociada a mobiliario urbano, arbolado público, zonas verdes, iluminación,… Ademais, esta actualización da cartografía e a adaptación ao formato GIS é imprescindible para a realización dun novo plan urbanístico.

20 de outubro de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.