publicidade hoxe

O Concello de Cervo acondiciona un camiño forestal en Trasbar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo iniciou os traballos para preparar e acondicionar un camiño forestal situado no burgo de Trasbar e moi frecuentado por camións e maquinaria pesada. Unha obra que se está realizando precisamente coa colaboración dun madereiro e que permitirá que esta vía estea en boas condicións durante todo o ano. Para iso estase colocando material de recheo que facilitará que a pista se manteña transitable incluso durante as épocas de chuvia.

De feito, o obxectivo do Concello é que este camiño estea sempre dispoñible, tanto para o uso dos veciños en xeral como tamén para a industria madereira. O edil de Zona Rural, José Ramón Soto, e persoal municipal achegáronse ata a zona para comprobar o desenvolvemento dos traballos.

Ao mesmo tempo, Soto lembra que o Concello “vai seguir vixiante sobre o estado dos camiños forestais polos que transitan os camións de grande tonelaxe e a maquinaria pesada para talar e recoller a madeira, porque é a súa obriga manter e conservar estas vías reparando os danos que poidan provocar”.

O responsable de Zona Rural explica que dende o Concello “levamos tempo en contacto coas empresas madereiras, cooperando sempre co obxectivo de que a actividade forestal sexa compatible co bo estado dos camiños”.

O edil destaca que o sector da madeira xera moita riqueza no noso municipio e na comarca da Mariña, pero ao mesmo tempo “é moi importante que esta actividade económica non prexudique o día a día dos veciños que teñan que transitar por esas mesmas pistas”.

28 de outubro de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.