publicidade hoxe

O Concello de Cedeira ampliará a rede de abastecemento de augas na parroquia de Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, informou esta mañá da adxudicación dos traballos de ampliación da rede de abastecemento de augas no lugar de Hedreiros, na parroquia de Esteiro. Unha intervención que permitirá avanzar no obxectivo do goberno local de extender e renovar a rede de abastecemento que dá servizo aos diferentes lugares e parroquias do municipio.

Así, a intervención adxudicada ampliará e completará a rede de abastecemento municipal ata a zona de Hedreiros mediante unha conducción superior ao kilómetro de lonxitude. Deste xeito, os traballos contemplan a instalación das tuberías correspondentes, válvulas e desagües ou arquetas, así como a execución das acometidas domiciliarias ás vivendas actuais do lugar citado.

Os traballos están orzamentados nuns 43.000 euros e, segundo explicou o alcalde, financiaránse con fondos propios municipais. Así mesmo, o prazo de execución establécese en dous meses e, neste sentido, Luis Rubido apuntou que a previsión é que as obras comecen no mes de novembro e poidan estar concluídas este mesmo ano. Deste xeito, o alcalde destaca que o Concello continúa avanzando no seu obxectivo de facilitar á veciñanza o acceso a un servizo básico.

20 de outubro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.