publicidade hoxe

O Concello da Pobra de Trives organiza o concurso fotográfico “Outono Máxico”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

O Concello da Pobra de Trives ven de convocar a I Edición do “Outono Máxico”. Trátase dun concurso de fotografía pensado como unha ferramenta para que a cidadanía participe a través da imaxe e se comunique coa súa contorna.

Os participantes poden enviar cantas fotos como desexen. As obras deben ser orixinais.As fotografías deberán ser realizadas no outono, en calquera lugar dos espazos do término municipal da Pobra deTrives.

As fotos deben englobarse en tres categorías: 
as nosas xentes, 
- a nosa natureza, 
 o noso patrimonio material. Todas as obras presentaranse en formato impreso no tamaño 15 x 20 e en formato dixital , arquivo jpg, con un nivel de alta calidade.

Os orixinais entregaranse na Oficina de Turismo da Pobra de Trives cubrindo unha ficha de inscrición que se facilitará. Os menores deben contar cunha autorización do pai ou da nai.


O fallo do xurado farase público o día 8 de Novembro.

Primeiro premio: Diploma máis un marco dixital e unha cea para dúas persoas

Segundo premio: Diploma, marco dixital

Terceiro premio: Diploma, álbum de fotos, marco de fotos.

O prazo de envío das obras finaliza o mércores 5 de novembroás 20:00h.

21 de outubro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.