publicidade hoxe

O Concello constrúe un novo parque infantil na urbanización Cubelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Goberno local constrúe un novo parque infantil na urbanización Cubelos, no alto de Perillo. Este novo equipamento, que unha vez terminado disporá de máis de 100 metros cadrados de zona de xogos acordonada, contará cun investimento total que supera os 10.000 euros.

O novo parque de Cubelos cubrirá a demanda deste tipo de equipamentos existente na zona, debido en grande medida ao asentamento nos últimos anos dun elevado número de familias novas. O Concello de Oleiros conta cunha extensa rede de parques infantís que supera as 60 instalacións esparcidas por todo o municipio. Nestes momentos estes equipamentos se atopan nun proceso de modernización dos seus xogos e da súa mellora de seguridade. Para iso o Goberno local habilitou o pasado mes unha partida orzamentaria que prevé un importante investimento ao longo dos próximos meses.

21 de outubro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.