O Club de Inglés de Rianxo retoma a súa actividade
O Club de Inglés de Rianxo, que xa vai polo seu terceiro ano, e previa solicitude das súas representantes, retoma as actividades coa seguinte planificación:
Iniciación 0: Para aquelas persoas que non saben nada de inglés.
Iniciación 1: Para quen xa tivera estudado inglés nalgunha ocasión.
Conversación: Para todas aquelas persoas que queiran practicar o seu inglés falando de temas diversos.
As sesións serán os mércores, co seguinte horario:
Iniciación 0: Todos os mércores de 19:00 a 20:00 horas
Iniciación 1: Todos os mércores de 20:00 a 21:00 horas
Conversación: Mércores alternos de 21:00 a 22:00 horas
Como en edicións anteriores, o lugar de reunión será a cafetería el Club Náutico de Rianxo, sendo preciso inscribirse de novo para recibir un correo semanal informando das actividades da semana en clubinglesrianxo@gmail.com.
O Club de Inglés Rianxo ven sendo unha iniciativa cidadá, independente e gratuíta, que ten como obxectivo iniciarse, perfeccionarse ou simplemente conversar en inglés. Entre os seus membros hai persoas nativas, mestras xubiladas e outros e outras voluntarios e voluntarias. O único custo consiste en consumir algo no bar -como xesto de agradecemento por permitir desenvolver as actividades no seu local- e unha contribución de 1€ ao teacher´s bote -cando sexa preciso-, para o convite das profesoras.
Os Club recibirá cos brazos abertos a todas aquelas persoas de Rianxo, e de fora de Rianxo, con ganas aprender e de falar… en inglés.











