O centro do ISSGA de Ourense acolle unha xornada técnica de formación en seguridade e saúde laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), organismo dependente da Consellería de Traballo e Benestar, está a desenvolver hoxe no seu centro de Ourense unha xornada técnica de formación en prevención de riscos laborais, unha iniciativa que desenvolve Fremap en colaboración co ISSGA. Esta actuación céntrase no liderado e a motivación en seguridade e saúde laboral.

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros accións formativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de xeito que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.

Estas accións formativas organizadas por Fremap, que xa se veñen realizando nos últimos anos, permiten formar a técnicos de prevención, delegados, empresarios ou profesionais liberais, entre outros, sobre os diversos cambios nos procesos produtivos, posta ao día na normativa ou na introdución de novas tecnoloxías, que fan precisa unha actualización permanente de coñecementos no eido da prevención de riscos laborais e na seguridade e saúde laboral.

A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e o cuarto obxectivo do Plan Estratéxico para a Prevención de Riscos Laborais en Galicia 2011-2014 do ISSGA.

29 de outubro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.