O Centro Comercial As Cancelas celebra Halloween
Os máis pequenos pasarano de medo co completo programa de actividades que o Centro Comercial preparou para o venres 31.
Os visitantes que se acheguen ao centro comercial descubrirán que moitos dos establecementos estarán ambientados para a ocasión, ofrecendo algúns deles promocións especiais. Ademais, As Cancelas organizará un Taller de Elaboración de Galletas de Halloween impartido pola prestixiosa repostera Aurora Seijas de 12:00 a 14:00 horas no Club de Celi na planta segunda. Os nenos que participen poderán decorar e levar á súa casa as galletas máis terroríficas que poidan imaxinar.
Pola tarde, entre as 18:00 e as 20:00 h, terá lugar a Festa Infantil de Halloween do Club de Celi. Instalarase unha zona de “Maquillaxe do terror” onde se maquillará aos pequenos con imaxes terroríficas, zombies, bruxas…. Tamén haberá un taller de disfraces de Hallowen para que os nenos aprendan como facer os seus propios disfraces. Celebrarase tamén a “Festa do Terror”, na que non faltarán música e xogos en grao sumo terrorífico. Un espectáculo interactivo e musical no que os nenos poderán bailar tanto as cancións infantís de sempre como os temas máis actuais.
Haberá ademais xogos de animación como as tumbas musicais ou o laboratorio horrible que completarán a lista de actividades para celebrar este día tan aterrador.
Todas estas actividades serán completamente gratuítas e celebraranse na planta segunda no Club de Celi.











