O Carballiño estuda limitar nunha ordenanza a instalación na vila de circos con animais vivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

O Concello do Carballiño está a estudar a posibilidade de levará a pleno unha ordenanza municipal para evitar que se instalen na vila circos que teñan, entre as súas atraccións, animais vivos, seguindo así a senda doutros moitos concellos que, con este tipo de medidas, queren protexer ao máximo a liberdade e seguridade dos animais salvaxes que, en moitas ocasións, non reciben o trato nin o mantemento necesario en espectáculos dese tipo.

Desta forma o concello recolle a suxestión realizada por un grupo ecoloxista da comarca, Matar Por Matar Non, que solicitou ao concello que se prohibisen este tipo de espectáculos. O alcalde estudará esta solicitude dos ecoloxistas, e ao mesmo tempo sopesará as restricións legais que existen na actualidade para estes circos, tentando adoptar unha postura legal e acorde coa actual sociedade.

Este fin de semana a vila collerá un espectáculo circense, ao cal permitiu a súa instalación no Carballiño xa que, legalmente, non existían motivos para impedir esta actividade. O único que se buscou é a súa localización máis adecuada para que este circo se despregara na vila.

28 de outubro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.