O cadáver atopado no Miño non presenta signos de forza evidentes e segue sen identificar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os investigadores continúan tratando de identificar o cadáver dunha muller achado na tarde deste domingo en augas do río Miño ao seu paso por Ourense e que, segundo os primeiros indicios, non presenta “signos de forza” evidentes.

   Segundo confirmaron fontes da investigación, o corpo continúa sen identificar á espera de que ao longo deste luns lle sexa practicada a autopsia. Os primeiros indicios apuntan a que se trata dunha muller de mediana idade.

   A autopsia será tamén a encargada de determinar as causas da morte da muller, aínda que os primeiros indicios apuntan a que o cadáver non presentaba “signos de forza”.

   O cadáver foi localizado pasadas as 18.00 horas deste domingo nas inmediacións da Ponte Romana de Ourense, flotando xunto a un aliviadoiro de augas residuais.

13 de outubro de 2014 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.