O BNG pide explicacións a Carlos Negreira polo caso ‘Zeta’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O Grupo Municipal do BNG da Coruña esixe ao goberno local presidido por Carlos Negreira que “dea explicacións” sobre as “implicacións” na coñecida como ‘Operación Zeta’, unha suposta trama de fraude de subvencións públicas a través de cursos de formación. Pola súa banda, EU advertiu de que, ademais deste caso, “entre PP e PSOE teñen un abecedario completo” de “corrupción”.

Para os nacionalistas, os “grupos de presión do PP xogaron un papel relevante cando (os populares) estaban na oposición e na metade do goberno de Negreira están implicadísimos habida conta as imputacións existentes”. “E semellan que non actuaron por libre”, engaden.

“Persoas imputadas como Gerardo Crespo ou Héctor Cañete, destacados militantes do PP, tiñan liña directa con dirixentes do PP, como mostra o sumario”, indica o BNG, que levará ao próximo pleno de novembro unha pregunta oral na que pedirá explicacións ao goberno local.

Pola súa banda, EU tamén alude a que “o intercambio de mensaxes telefónicas, os correos electrónicos e a variada documentación, mostran a pertenza de Gerardo Crespo ao PP as súas excelentes relacións con Negreira e altos cargos do PSOE”.

“O PP NON RESPECTA A XUSTIZA”

Desta forma, o Grupo de EU-Os Verdes “pon en dúbida as habituais declaracións de respecto á xustiza de Negreira” e afirmou que “está claro que no PP non se respecta a xustiza o máis mínimo”.

“De feito, se a respectase, non a violaría de xeito sistemático, apunta o concelleiro César Santiso, quen pregunta a Negreira se ten unha “estreita relación con Gerardo Crespo como apuntan as probas ou pola contra o empresario enganou coas mesmas técnicas que o ‘pequeno Nicolás”.

EU declárase “farta” da situación e esixe un debate sobre o estado da cidade no que adoptar medidas que eviten que “a corrupción campe aos seus anchas polo Concello, xa que ata agora se atoparon cero medidas municipais para atallar a corrupción e se acumulan as tramas e as imputacións coma se chovese”.

28 de outubro de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.