O Azkar Lugo F.S. xa pensa no Aspil Vidal Ribera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Logo da dolorosa derrota sufrida no derbi ante o Santiago Futsal, o Azkar Lugo F.S. traballa xa pensando no seu seguinte compromiso, o vindeiro sábado, ante o Aspil Vidal Ribeira (18:30 horas Pabellón Cidade Tudela), con toda a intención de sumar os seus primeiros puntos nesta tempada, logo de que o pasado sábado se lle escapase o seu primeiro punto sobre a bocina.

O técnico local Javier Albes realizará oito sesións de adestramento para que o seu equipo chegue na mellor forma posible. Os lucenses partirán cara a terras navarras o venres ás 15:00 horas dende o Centro Deportivo Terra.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 13:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 14:

10:30 horas: Sesión Física (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Mércores 15:

10:30 horas: Sesión Específico Porteiros (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 16:

19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Venres 17:

10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

15:00 horas: Saída cara Tudela

Sábado 18:

18:30 horas: Aspil Vidal Ribera – Azkar Lugo F.S.

Domingo 19:

13 de outubro de 2014 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.