O antigo comité da fábrica de armas di non crer nada das cifras de emprego de Hércules de Armamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+

O expresidente do comité de empresa da fábrica de armas da Coruña volveu expresar as súas dúbidas sobre os obxectivos de creación de emprego anunciados por Hércules de Armamento, na presentación do seu proxecto para esta instalación.

   “Eu deles non me creo nada”, asegurou ante os medios de comunicación, a preguntas dos xornalistas, o presidente do antigo comité de empresa. Ao respecto, manifestou que se non tiñan nada que ocultar” aos que “están a loitar”, lles “explicasen o seu proxecto” –polos 61 traballadores despedidos que mantiveron mobilizacións–.

   Ademais, subliñou que “o que non se pode facer é vender fume” e, por iso, insistiu en que as forzas políticas deben estar “ao quite” porque, na súa opinión, detrás da proposta de Hércules de Armamento podería haber “un proxecto especulativo”.

   Preguntado sobre o anuncio de Hércules de Armamento de que se reunirán con representantes sindicais, dixo que “se teñen a vontade de reunirse, benvido sexa”. Non obstante, volveu mostrar as súas dúbidas.

   Por iso, dixo que presentaron este martes senllos escritos na Delegación de Defensa e na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, como fixeron xa na Delegación do Goberno, para que se investigue o proxecto.

   Así, Teijido afirmou, deste, que “non ten a solidez industrial e técnica necesaria”. “Eles venden que teñen diñeiro, pois que o invertan de forma axeitada”, recalcou tras cuestionar tamén esta afirmación.

7 de outubro de 2014 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.