O alcalde de Vilagarcía desminte que tivera coñecemento hai meses do ERE de Lantero
O alcalde de Vilagarcía desminte “rotundamente” que tivera coñecemento hai meses, como sostiveron onte directivos de Lantero, as intencións da empresa de levar a cabo un ERE, fonte do actual conflicto colectivo. “A dirección vai ter que coordinarse, posto que foi o conselleiro delegado do grupo, Andrés Lantero, quen se disculpou por non ter informado da situación laboral da planta do Pousadoiro antes de que saíra na prensa, que foi por onde me enterei”, di Tomás Fole.
En opinión do rexedor, as manifestacións de onte de varios directivos non foron moi afortunadas e a súa actitude “pouco intelixente” á hora de cargar contra unha institución, o Concello, que ata agora o único que fixo foi dar todas as facilidades para que empresa e traballadores cheguen a un acordo que beneficie a todos, o que redundará en beneficio para todo o municipio. De todos os xeitos, o alcalde prefire non facer máis valoracións sobre este cambio de actitude ata que fale directamente co conselleiro delegado.
Dudas sobre a efectividade dun contencioso
En canto á posibilidade de que a empresa recorra a un contencioso polo incumprimento do convenio urbanístico, ao alcalde non lle sorprende, posto que esta mesma posibilidade xa fora posta de manifesto por Lantero a través de dous escritos hai xa tempo. Con todo, a Tomás Fole non cre que sexa “a solución máis efectiva. Eles como eu saben que o convenio tal e como está redactado incumpre a actual lexislación do solo, polo que o mellor para todos sería chegar a un acordo sensato. É certo que o Concello incumpriu o compromiso de incluír ese convenio no Plan Xeral, pero tamén que tampouco eles cumpriron co mantemento do plantel de traballadores. Se nós agora fixeramos unha modificación do PXOM cumpriríamos co noso compromiso, pero sen dúbida a Xunta o botaría abaixo por non estar de acordo coa Lei do Solo”, argumenta o alcalde.
En canto á asistencia da manifestación do día 9, o alcalde expresou a súa intención de asistir para o confía en lograr con todos os grupos un acordo similar ao que propiciou que toda a Corporación, en nome de toda a cidadanía, acudira á marcha de Cuca de xeito unitario e baixo unha mesma pancarta.











