O alcalde de Santiago felicita unha veciña de Fontiñas que acaba de cumprir 100 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Agustín Hernández felicitando á veciña centenaria

Agustín Hernández felicitando á veciña centenaria

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, felicitou a Dorinda Pedreira Santiso, veciña de Santiago, con motivo do seu 100 aniversario O rexedor compostelán visitou á Dorinda no seu domicilio, no barrio de Fontiñas. A homenaxeada mantivo con Hernández unha amena charla na que compartiu lembranzas da súa vida. Pola súa banda, o alcalde, que acudiu acompañado da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, trasladoulle os parabéns de todos os composteláns.

31 de outubro de 2014 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.