publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas comproba as melloras no camiño de Os Francos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do alcalde de Ponte Caldelas ao camiño de Os Francos

Visita do alcalde de Ponte Caldelas ao camiño de Os Francos

O alcalde de Ponte Caldelas Perfecto Rodríguez visitou hoxe o núcleo de Tourón para comprobar o resultado das obras de mellora do camiño de “Os Francos” en Tourón que foi pavimentado recentemente con aglomerado en quente mellorando así o firme deste acceso a unha parte do núcleo de Tourón.

Ademais o Concello, antes desta pavimentación, tamén procedeu á limpeza e saneamento do denominado pozo de “Os Francos” que está situado nesa zona nun lateral do camiño. Este pozo atopábase cheo de cascallo e maleza o que provocaba o estrechamiento do camiño.

Con esta actuación que se viu completada coa colocación dunha varanda para maior seguridade dos viandantes, o alcalde cumpre un compromiso adquirido cos veciños de Tourón de mellorar este viario e este pozo, tal e como lle solicitaron nunha reunión que mantivo Perfecto Rodríguez coa directiva veciñal a pasada primavera.

A actuación de mellora do pozo realizouse con maquinaria e operarios municipais e a pavimentación do camiño financiouse a través do Plan de Obras que a Deputación aprobou para os concellos neste ano 2014.

En Tourón neste ano tamén se pavimentou o camiño de San Ramón que dá acceso a esa zona así como a área arqueolóxica de Tourón, actuación esta que foi realizada polo Concello en virtude dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.

27 de outubro de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.