O alcalde de Nigrán e o edil de Medio Ambiente supervisan os traballos de recheo en A Mámoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Vidal Meneses, visitaron hoxe os traballos de recheo na contorna de A Mámoa. A actuación, realizada pola Comunidade de Montes de Priegue, e que afecta a unha superficie de 800 metros cadrados, conta cos permisos e autorizacións pertinentes do Servizo de Montes da Xunta de Galicia, así como coa valoración favorable do axente forestal, con data de 20 de setembro de 2014.

Na súa visita, o alcalde avanzou que desde o concello, e en colaboración coa Comunidade de Montes, se coordinará cos centros escolares do municipio unha xornada de concienciación medio ambiental para reforestar a zona con 60 exemplares de castiñeiro.

1 de outubro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.