publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Neda informa sobre as fincas que o PXOM prevé convertir en edificables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, convoca a propietarios ou particulares interesados na propiedade de fincas ubicadas en terreos urbanizables ou urbanos non consolidados de zonas das Edradas, Casadelos, Finca Rivero, Buhída-Balbís e Valle-Inclán a unha reunión na casa consistorial. A xuntanza celebraráse o próximo martes, 21 de outubro, ás 20 horas no salón de plenos e coa asistencia do arquitecto municipal, Francisco Cernadas. E, o seu obxectivo, non é outro que darlles conta dos cambios que contempla o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en relación a estas fincas. A día de hoxe zonas das Edradas, Casadelos e Finca Rivero teñen a calificación de solos urbanizables delimitados, namentras que Buhída-Balvís (SAU1) e Valle-Inclán (SAU2), a de solos urbanos non consolidados. Nun e noutro caso, non está permitida a edificación. Nembargantes, o novo PXOM prevé a súa conversión en solo con aproveitamento edificatorio a través dun plan parcial (no caso das Edradas, Casadelos e Finca Rivero) e dun plan especial de reforma interior (no caso da Buhída-Balbís e Valle-Inclán).

Plans que deberá impulsar a iniciativa privada. E, eses cambios de calado, son os que o Concello desexa dar a coñecer o vindeiro martes aos propietarios dos terreos afectados e tamén a aqueles que puidesen ter interese na propiedade. En todo caso, o alcalde lembra a toda a veciñanza que o PXOM está en fase de exposición pública na actualidade, e ata o próximo 5 de novembro (incluído). Ata o momento, o Concello levou a cabo unha rolda de reunións informativas en todas as parroquias para dar conta das súas liñas mestras e atender as consultas dos veciños interesados. Así mesmo, o arquitecto municipal reserva unha parte da súa xornada laboral a abordar cos estes as súas peticións de información (de luns a venres de 12 a 14 horas), e sen necesidade de cita previa. Ata o momento, atendeu 170 consultas e rexistráronse 25 alegacións. Por isto, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, anima á veciñanza a participar do proceso e presentar as súas propostas de mellora.

14 de outubro de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.