publicidade hoxe

O alcalde de Becerreá reclama ao Goberno que de información oficial para tranquilizar aos veciños de Teresa Romero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

A auxiliar de enfermaría contaxiada co virus do ébola, Teresa Romero, é natural do municipio lucense de Becerreá, onde reside o seu irmán e a súa nai, aos cales visita con frecuencia.

   Entre os veciños da localidade lucense instalouse a “preocupación” pola falta de información sobre o caso, dado que a auxiliar estivo “hai pouco na localidade, aínda que, segundo os datos dos seus veciños, non nas datas posteriores ao seu contaxio.

   O alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, púxose na mañá deste martes a “disposición” da familia da contaxiada, ao tempo que pediu ao Goberno e ao Ministerio de Sanidad que actúe “con transparencia e claridade” ante o caso.

   Martínez mostrou o seu enfado polo feito de que ningún responsable do Goberno nin da Xunta lle comunicara oficialmente que a auxiliar enferma procede do seu concello e que tivera que decatarse pola “prensa” e “extraoficialmente”.

   “O primeiro que deben de facer as autoridades, sexa do Goberno central ou sexan da Xunta, é dicir o que hai, porque ata media mañá non sabiamos os apelidos. Creo que nos deben dar a información da que dispoñan para tranquilizar aos veciños de Becerreá”, reclamou o rexedor.

   A raíz da pouca información oficial, o alcalde non disimulou a “preocupación” que se apoderou do pobo. “Hai xente preocupada por se comprou no supermercado ou tomaron un café” coa sanitaria, explicou.

7 de outubro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.