O alcalde compostelán recibe ao embaixador de Xapón, Kazuiko Koshikawa

Agustín Hernández recibindo a Kazuiko Koshikawa

Agustín Hernández recibindo a Kazuiko Koshikawa

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o embaixador de Xapón en España, Kazuiko Koshikawa. O diplomático asinou no Libro de Honra do Concello. Agustín Hernández e Kazuiko Koshikawa conversaron sobre os vínculos entre Santiago e Xapón, concretados nos últimos anos no ámbito cultural e turístico grazas á promoción conxunta dos camiños de peregrinación de Santiago e de Kumano. O propio embaixador clausurou hai uns días o Ano Dual España-Xapón, que incluíu diversas actividades en Compostela.

22 de outubro de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.