publicidade hoxe

O 4 de novembro comeza o XX Campionato de Tute Concello de Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo celebra dúas décadas do Campionato de Tute que todos os anos ten lugar por estas datas. De feito, as partidas comezarán o próximo día 4 e desenvolveranse durante novembro e decembro. En canto ao prazo de inscrición, está aberto ata o venres 24 de outubro e pode realizarse na Casa da Cultura, no Concello ou no teléfono 686 970 388.

O edil de Deportes, Luis Guillén, asegurou que “o Campionato de Tute é unha actividade cunha longa tradición, o cal queda demostrado ao celebrar este ano a edición número 20, e con moitos seguidores, algúns deles incondicionais”.

O edil lembra que todos os anos se xuntan unhas 60 persoas ou incluso máis, distribuídos en equipos de catro parellas, agardando que este ano se manteña o nivel de participantes. Ao mesmo tempo, destaca que esta competición tamén é unha forma de apoiar á economía local xa que as partidas realízanse nos locais dos equipos, que adoitan ser bares e restaurantes do municipio, dinamizando a hostalería.  

Guillén tamén lembra a vertente de socialización deste torneo, que “promove a relación entre veciños a través dunha actividade lúdica”. “Agardamos que siga sendo un éxito e que se desenvolva coma sempre, non bo ambiente de amizade e compañeirismo” remata o edil.

Cabe lembrar que este venres (19 h.), tras o peche do prazo de inscrición, terá lugar unha reunión na que se concretarán os detalles do torneo e se elaborará o calendario de enfrontamentos.

22 de outubro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.