O 30 de outubro suspéndese temporalmente o abastecemento de auga nun tramo da rúa Escultor Francisco Moure

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Servizos Municipais informa que, debido á realización de traballos de reparación na rede de abastecemento, este xoves día 30 de outubro suspenderase temporalmente a subministración de auga nun tramo da rúa Escultor Francisco Moure.

A zona afectada por esta suspensión programada será o tramo da rúa Escultor Francisco Moure que vai dende o paso a nivel ata a estrada de Castro Caldelas, así como as rúas adxacentes (rúa Incio, pista do canal…).

A interrupción no subministro prolongarase dende as 9:00 ata as 17:00 h, agás imprevistos, momento a partir do cal se recuperará progresivamente a normalidade no abastecemento.

A realización destes traballos tamén afectará, en menor medida, ás rúas próximas (Compañía, Sarria, Dalmiro de la Válgoma, Reboredo, zona de Carude, Duquesa de Alba, paseo de Lugo, tramo inicial de Escultor Francisco Moure…). Nestas rúas rexistrarán unha perda de presión e interrupcións intermitentes no subministro.

Dende a concellería de servizos municipais aconséllase á cidadanía que procuren que ningún grifo quede aberto para evitar posibles perdas innecesarias de auga, así como incidencias nas instalacións interiores, durante o restablecemeento do servizo. Durante este periodo de tempo aconséllase non utilizar electrodomésticos coma lavadoras ou lavalouzas.

Os traballos programados corresponden á reparación definitiva dunha avaría na intersección das rúas Sarria e Escultor Francisco Moure. A citada avaría rexistrouse hai unas semanas na condución Xeral, sendo preciso contar con novas pezas de gran diámetro para solucionala definitivamente. Por este motivo, a empresa concesionaria arreglou a avaría de maneira provisional e agora, unha vez recibidas as pezas, procederá a efectuar a reparación definitiva e a pechar o burato que foi preciso abrir para localizala.

O Concello agradece a comprensión dos veciños e lémbralles que está á súa disposición o número de teléfono 902-13-60-13, onde atenderán calquera aclaración ou dúbida durante as 24 horas do día.

28 de outubro de 2014 | 15:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.