O 19OUFF presenta as proxeccións das Seccións Paralelas do festival de cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O Festival de Cine Internacional de Ourense contará na súa décimo novena edición cun total de 31 títulos fóra de competición nas súas Seccións Paralelas. Por elas pasarán pezas premiadas en festivais como o de Palm Springs, San Sebastián, São Paulo, Berlín ou Venecia. Dividiranse, segundo a súa natureza, do seguinte xeito:

[Inédito en Ourense] Esta sección recupera os títulos máis interesantes estreados en España durante o ano e que non pasaron pola carteleira ourensá. O obxectivo é posibilitar que o espectador poida ter unha visión o máis global posible do cine que se fai en todo o mundo, con especial atención a aquelas obras que foron recoñecidas nos grandes festivais como é o caso de Black Coal. Thin Ice ou Ciencias Naturales na pasada edición do Festival Internacional de Cine de Berlín.

– Inevitable | Jorge Algora | España – Arxentina
– Ciencias naturales | Matías Luchessi | Arxentina
– Un castillo en Italia | Valeria Bruni Tedeschi | Francia
– Black Coal. Thin Ice | Diao Yinan | China
– 1:58 | Rodrigo Cortés | España

[Panorama Galicia] A sección con máis títulos de todas neste 19OUFF.É unha das máis veteranas do certame e punto de encontro do audiovisual galego. Novos directores, entre eles varios ourensáns, presentan os seus últimos traballos, que son todo un sopro de ar fresco para a nova cinematografía galega. Este ano a sección faise eco dun fito para o cinema galego, os 25 anos da estrea das tres primeiras longametraxes de ficción galegas: Sempre Xonxa, Urxa e Continental.

– Lo que pasa al encenderse | Roberto de la Torre | Galicia
– Urxa | Alfredo G. Pinal y Carlos A. López Piñeiro | Galicia
– Continental | Xavier Villaverde | Galicia
– ¿Y tú qué opinas? | Marcos Fernández Vázquez | Galicia
– Eco113 | Marcos Fernández Vázquez | Galicia
– Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros | Luis Baños | Galicia
– O demais | Manuel I. Nanin – Marta F. Alberte | Galicia
– Sons do Entroido | Miguel Ángel López | Galicia
– Caixa Ourense. Historia de un ascenso | Carlos Bermello Arce | Galicia
– Sempre Xonxa | Chano Piñeiro | Galicia
– A música medieval en Galicia, o tesouro esquecido | Fernando Reyes | Galicia

[Documentais] O documental converteuse nos últimos anos nunha das creacións cinematográficas máis apoiadas polo público. O espazo propio que lle outorga o OUFF quere ser unha xanela aberta ás últimas tendencias que o cine documental crea e experimenta cada ano, e que na nosa cidade ten unha nula resposta dos circuítos comerciais.

– Sacro GRA | Gianfranco Rossi | Italia/Francia
– Plot for Peace | Carlos Agulló – Mandy Jacobson | Sudáfrica
– A 20 pasos de la fama | Morgan Neville | Estados Unidos

[Cine e Viño] A relación entre o viño e o cine é cada vez máis fluída e atractiva. Ourense é unha potencia no sector vitivinícola nacional e internacional, coas súas catro denominacións de orixe, por iso un evento cinematográfico como o OUFF non podía ser alleo a esta frutífera maridaxe.

– El brindis | Shai Agosin | Chile-México
– Le week-end | Roger Michell | Reino Unido
– Sangre y vino | Bob Rafelson | Estados Unidos

[Sesións Especiais] Esta sección recolle aqueles traballos que pola súa singularidade e interese, ou por estaren ligados a determinadas actividades paralelas e colaboracións do festival, precisan un espazo propio.

– Diamantes negros | Miguel Alcantud | España
– Linko | José Zapata, Rafael Calvo e David Valero | Galicia
– Mil sorrisos & un perdón | Bruno Nieto | Galicia
– Carmina y amén | Paco León | España
– 2 francos, 40 pesetas | Carlos Iglesias | España

O Centro Cultural Ánxel Valente, novo espazo do 19OUFF

Nesta edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, o Centro Cultural Ánxel Valente (antigo edificio do Banco de España), converterase nun novo espazo cinematográfico. Dentro das actividades paralelas do certame, o novo espazo acollerá as denominadas Sesións Lixeiras, que consistirán na proxección de xeito ininterrompido de diferentes traballos audiovisuais. As proxeccións terán lugar do 15 ao 22 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os traballos que se poderán ver son os seguintes:

– Curtametraxes de animación da USC School of Cinema Arts (Os Ánxeles, California)
– Informacións e imaxes do No-Do relacionadas coa provincia de Ourense, cedidas polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
– Webserie PIB
– Traballos gañadores do concurso OUFF Escola 2014
– Traballos realizados por centros ourensáns para o OUFF Escola 2014
– O demais
– Sons do Entroido

27 de outubro de 2014 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.