Nove accións formativas na aula CeMIT de Verín durante o mes de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante o mes de novembro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará nove accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: intenet, compras seguras na rede, Sixpac, iniciación á informática, busca de información na Internet e correo electrónico. Os mesmos serven de continuación aos realizados nos últimos meses que foron de ferramentas na nube, compras seguras, cloud computing, Hangouts, Youtube, como crear unha revista ou catálogo de produtos en liña con ISSUU, Google Docs, correo electrónico, DNI electrónico, administración electrónica, documentos           on-line e presentacións on-line, opera co teu banco, alfabetización (iniciación, Internet, correo electrónico), redes sociais (Facebook, ferramenta na nube Google App, iniciación, Internet), ofimática (procesador de textos, folla de cálculo), Google + ou retoque fotográfico (presentacións gráficas), entre outras.

Ademais, e en colaboración coa Escola de Familia Municipal, tamén se desenvolverá o proxecto infantil  ‘Kero-Informátika’, destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, no que comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual (estas clases terán lugar os martes de 17.15 a 18 horas -grupo de nenos/as entre 4 e 6 anos- e de 18.15 a 19 horas -menores con idades comprendidas entre os de 6 a 10 anos-).

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega. Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT.

29 de outubro de 2014 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.