Nova victoria da peña españolista Azkar Lugo F.S. B

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O filial do Azkar Lugo F.S. sumou a súa cuarta vitoria en cinco xornadas logo de derrotar con claridade o 5Coruña F.S. (5-0), nun partido onde imperou o dominio local durante os 40 minutos. Nos 5 primeiros minutos os visitantes trataron de inquietar ao cadro local, pero ese dominio non chegou a ser realidade, xa que a partir do minuto 5 o filial fíxose dono do balón, gozando de innumerables ocasións para bater o porteiro visitante que se mostraba moi seguro baixo paus, ata que no minuto 11 Adrián lograba o 1-0 para a Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B, continuaba o dominio local, pero a boa defensa pechada dos coruñeses impediu que o marcador variase antes do descanso.

O guión da segunda parte ía polos mesmos rumbos que o da primeira parte, dominio local e defensa pechada visitante, pero cunha variación no debuxo do equipo local que pasaba dun sistema 4-0 a un 3-1 máis clásico pero con outras variantes para atacar a defensa pechada, o cambio de sistema daría os seus froitos no minuto 27, xa que logo de varias ocasións Diego Fente lograba o 2-0. A dinámica do partido non variaba e no minuto 36 Costoya lograba o 3-0. Ante esta situación o técnico visitante recorría ao porteiro xogador, pero non lle ía dar os froitos desexados xa que unha gran defensa local ante este sistema, serviríalle á Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B para que Costoya conseguise dous goles máis e redondear así o seu hat-trick, poñendo o 5-0 definitivo no marcador. Resultado que lle serve á Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B para seguir manténdose nos postos altos da tabla con 12 puntos de 15 posibles.

Ficha técnica:

Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B 5: Areñas, Jose, Diego Fente, Adrián e Rubas, -cinco inicial-, André, Jacobo, Emanuel, Ángel, Costoya, Nacho e Álvaro.

5Coruña F.S. 0: Óscar, Jaime, Jesús, David e Luis,-cinco inicial-,  Andrés, Alfonso, Iván, Xian e Iván.

Árbitros: Vázquez Castellano e González Armada (colexio ourensán). Amoestaron a Nacho y Jacobo por parte da Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B e a Jorge polo 5Coruña F.S.

Goles: 1-0  min.11 Adrián, 2-0 min.27 Diego Fente, 3-0 min.36 Costoya, 4-0 min.38 Costoya e 5-0 min.40 Costoya.

Incidencias: Partido da quinta xornada de Terceira División disputado no Pabellón de O Chanto de Sarria ante máis de 300 espectadores.

28 de outubro de 2014 | 14:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.