Noite de Calacús en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Unha actividade dirixida a nenas e nenos conforma, como aconteceu nos últimos anos, a celebración do Samaín pontevedrés na víspera do simbólico 1 de novembro.  Para recrear os ancestrais costumes do país, a concellería que dirixe Carme da Silva programou un obradoiro de talla de cabazas con fins asustadizos. 

Serán obradoiros que terán lugar na Praza da Verdura desde as 6 da tarde, abertos a toda persoa que queira participar, e dirixidos por animadores culturais, que ensinarán as técnicas de talla máis doadas para conseguir un bo obxecto de sorna para este día de tan fonda raigame na cultura tradicional galega.

30 de outubro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.