Nigrán acolle un curso de iniciación á cociña
A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da CIM organiza un curso de Iniciación á Cociña. O curso está destinado a favorecer a corresponsabilidade de homes e mulleres no reparto das tarefas domésticas polo que un 60% das prazas destínanse a homes. Impartirase no Restaurante A Queimada e terá un custe de 13 euros.
No curso poderán participar 20 persoas
Lugar e prazo de solicitude: do 3 de novembro ao 7 de novembro no Centro de Información ás Mulleres
Requisitos: estar empadroado/a no Concello de Nigrán.
Mais información no CIM, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: cim@nigran.org











