Nigrán acolle o curso para xóvenes “Activando o teu futuro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán pon a disposición dos mozos do municipio o taller “Activando o teu futuro”, unha iniciativa coordinada pola OMIX e financiada pola Direción Xeral de Xuventude. O obradoiro, que terá lugar o próximo 30 de outubro, está destinado a persoas de entre 16 e 35 anos, e ten como obxectivo facilitarlles ferramentas que lles permitan optimizar as súas habilidades e destrezas para a toma de decisión respecto do seu futuro ocupacional ou profesional.

Para máis información ou inscrición, as persoas interesadas poderán dirixirse á OMIX de Nigrán, no correo electrónico omixnigran@nigran.org ou no teléfono 986 383 081 nas instalacións deste departamento, na Antiga Estación de Tranvía de Panxón.

20 de outubro de 2014 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.