Negreira destaca o investimento de máis de 1,5 millóns de euros para a procura de emprendedores
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asinou esta mañá dous convenios de colaboración entre o Concello, a Fundación EMALCSA, a Cámara de Comercio da Coruña e a Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a creación e desenvolvemento da empresa) e acordou a firma dun novo convenio para dotar ao CIEM (Centro de Innovación e Emprendimiento Municipal) de mobiliario e equipamento.No acto tamén estiveron o presidente da Cámara de Comercio, Marcelo Castro-Rial e o director xeral da Fundación INCYDE, Javier Collado, ademais da tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid.
Trátase de dous convenios de colaboración por importe de 91.794 euros que van supor dous novos programas de formación -un destinado a emprendedores e pemes e outro destinado á creación e consolidación de empresas de industrias culturais e creativas- coas súas dúas correspondentes xornadas de reforzo. Os programas contan cun 80% de financiamento a cargo do Fondo Social Europeo. “Estes acordos son unha mostra da colaboración do Concello tanto coa Cámara de Comercio da Coruña como coa Fundación Incyde e viran ao redor doutro proxecto en común como é o CIEM, situado no Papagayo e licitado este mes de outubro”, explicou o alcalde e engadiu: “Con estes dous novos proxectos buscamos persoas e empresas que queiran integrarse no novo viveiro de empresas”. Carlos Negreira aclarou que a intención é compasar a realización destes programas coa posta en marcha do CIEM.
O primeiro dos convenios inclúe o desenvolvemento dun Programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego Emprende en positivo e a súa correspondente xornada de reforzo, que se dirixe tanto a emprendedores, cunha idea que queiran desenvolvela e levala a cabo, como a pequenas e medianas empresas que queiran consolidarse ou incrementar a súa rendibilidade.
O segundo dos convenios diríxese á creación e consolidación de empresas de industrias culturais e creativas, a través dun programa de formación e a súa correspondente xornada de reforzo, convenio que conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Fundación Incyde: “Somos a única institución española que ten este tipo de colaboración co Ministerio para desenvolver 6 ou 7 programas ao ano, dedicados a crear e consolidar industrias culturais e creativas”, destacou Javier Collado, quen subliñou o gran éxito desta iniciativa.
“Con este convenio preténdese potenciar as industrias culturais e creativas e integralo noutros proxectos que seguen esta liña como o Dsitrito Creativo, recollido en Coruña Futura e a posta en marcha de CIDEA. Temos moita actividade neste campo e pretendeemos xerar un caldo de cultivo que potencie as industruias culturais e creativas da cidade”, explicou o alcalde.
Carlos Negreira tamén informou de que, no transcurso da reunión, acordouse a firma dun novo convenio por importe de 100.000 euros (o 80%, a través do Fondo Social Europeo) para dotar ao CIEM de equipamento e mobiliario: “Coa colaboración da Fundación Incyde e a Cámra de Comercio da Coruña, estamos a destinar máis de 1,5 millóns de euros a este proxecto que nace da colaboración institucional co obxectivo de situarnos en primeira liña do noroeste español en apostar por esta fórmula de futuro consistente en buscar emprendedores e xerar actividade económica para o conxunto da ciduadanía”.
Neste sentido, Marcelo Castro Rial lembrou que, estes dous novos convenios asinados hoxe (91.794 eruso) e o acordo para destinar 100.000 euros para equipameinto e mobiliario do CIEM, súmanse ao convenio para pór en marchar o CIEM (1,1 millóns de euros) e o convenio asinado o ano pasado para a realización de 7 programas de formación e tres xornadas de reforzo (345.000 euros). “Todo este conxunto de iniciativas son unha oportunidade única para recibir asesoramento personalizado e formación”, destacou o presidente da Cámara de Comercio coruñesa.











