publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Neda celebrará con desfiles, monólogos, música, baile e arte a primeira Gala Solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, presentou esta mañá a I Gala Solidaria de Neda xunto a Mónica Couce Pita, do negocio nedense Lomena Peluqueros, promotor da iniciativa, e Cristina Piñeiro, presidenta de Asotrame –Asociación de Transplantados de Médula Ósea, entidade á que se destinará a recadación da cita. Celebraráse este domingo, 2 de novembro, no pavillón do IES Fernando Esquío. En principio, preveíase como escenario a Casa da Cultura, aínda que as boas perspectivas de afluencia de público obligaron a reubicar a gala neste espazo, con maior capacidade.

Comezará ás 18 horas e o prezo das entradas é de dous euros. O Concello colabora na organización do evento, no que tamén participan como patrocinadores diferentes establecementos comerciais da zona (Alain Afflelou, Misscora Tocados, Vior Novias, Más Vida, Coquette, DYP, Coccole, Fotografía Lomebone e Canadá). O actor Alberto Da Sinda, coñecido entre outros papeis pola súa participación na serie Matalobos, conducirá a Gala, na que a moda será o protagonista principal. Así, haberá desfiles de roupa, calzado, complementos e peiteados. Neles, os modelos serán os propios clientes dos diferentes establecementos participantes.

Ata 36, entre nenos dende o ano e medio ata maiores. Víctor Grande e Luis Pousada porán a nota de humor cos seus monólogos; a música, de diferentes estilos como a de autor con Marcos Mella ou a persoal da moza Irene Alcalá; exhibicións de ximnasia rítmica a cargo das irmás Laura e Carla Pena; de baile con Fussion Dance, de Fene; ou actividades para nenos coa compañía Axóuxeres. Así mesmo, no transcurso da Gala subastaráse unha das obras da pintora María Porto, cedida para tal ocasión, e poránse á venda rifas para sortear diferentes productos cedidos tamén polos establecementos colaboradores. Mónica Couce explica que os fondos destinaránse a Asotrame, unha asociación cun ano de vida que persegue tres obxectivos básicos: axudar aos pacientes e familiares; articular campañas de sensibilización en torno á enfermidade e colaborar coa investigación a través da Fundación Ramón Domínguez.

Unha cita solidaria para non perderse.

28 de outubro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.