Muíño da Veiga recupera para os baños de contraste o uso dun vaso de auga fría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

As persoas usuarias do espazo de baño termal do Muíño da Veiga, nas marxes do Miño, poden xa gozar desde hai algúns días da instalación dun vaso de auga fría destinado ao baño de contraste, imprescindible para o bo aproveitamento das augas termais.

A Concellaría de Termalismo destinou un investimento de 28.931€ á realización de obras de acondicionamento e conservación na parte posterior do muíño. Adecuouse un vaso para agua fría cunhas dimensións de aproximadamente 14 m2 de superficie e 0,88m de profundidade e ampliouse o entarimado de madeira creando un área de descanso na contorna do vaso. Tamén se procedeu a instalar no zona unha ducha de auga fría. Foron desenvolvidas polo grupo TRAGSA.

21 de outubro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.