Mourelo reúnese coa Asociación de Dano Cerebral da Coruña

Francisco Mourelo na reunión coa representante de Adaceco
O concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Francisco Mourelo, reuniuse, esta mañá, coa a presidenta de Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco), Carmen Fernández Quiroga.
Con motivo da celebración o 26 de outubro do VIII Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido e co obxecto de sensibilizar á poboación sobre as secuelas do dano cerebral, o Concello da Coruña colaborará con Adaceco na VIII Xornada de Prevención e Deporte, que terá lugar o vindeiro venres, 24 de outubro. Así, as Escolas Deportivas Municipais trasladaranse aos Xardíns de Méndez Núñez e impartiranse as clases de mantemento para adultos, en horario de 10.30 a 13.30 horas, e programaranse, ademais, as seguintes actividades: tiro con arco, ritmo e expresión, equitación, petanca, tenis de mesa, esgrima, boccia…











