“Misión Sapiens” no Carballiño
Misión Sapiens é un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas te transformará nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro.
Cinco grandes eruditos de diversos campos intentarán meter coñecementos dentro da túa cabeza, queiras ou non, polas boas ou polas malas. Coñecementos básicos de cultura xeral, comportamento e educación, música, libros, películas, deportes, viaxes.
Non é necesario pasarse horas e horas da túa vida lendo libros, escoitando música ou vendo películas. Nós contámosche de que van e ti xa podes participar con orgullo nas charlas dos teus amigos máis cultos sen medo a quedar mal.
Sabemos que percorrer o mundo é caro, pero mentir sobre os sitios onde estiveches non costa nada e podes quedar igual de ben diante dos teus colegas e parentes. Axudámosche a preparar as mentiras sobre as túas viaxes para que ninguén saiba nunca que na túa vida fuches máis alá de Piedrafita.
O que non conseguiu a EGB, a FP, a LOE, a LOGSE, A ESO nin a OTAN, quizás o consigamos nós.
MISIÓN SAPIENS. Sen evolución non hai revolución.
Día: sábado, 18 de outubro
Hora: ás 20,30 h
Lugar: Auditorio do Carballiño
Público: adultos
Entrada: 5 €











