Mellórase un vial de servizo da autovía A-55 na parroquia de Petelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A parroquia de Petelos está a ser por fin beneficiaria de melloras nun vial de servizo da autovía A-55, en concreto do Camiño do Panasco, no que os veciños levaban anos demandando un sistema de drenaxe que solucionase o problema de nacementos de auga que producía bolsas de auga e deterioro no firme da estrada.

Tras prolongadas xestións por parte da administración local co Ministerio de Fomento, este último procedeu á acometida desta obra histórica para a parroquia de Petelos. Hoxe comezaron os traballos de limpeza de cunetas e instalación dun sistema de drenaxe de augas, que beneficiarán a todo o radio da vía de servizo da autovía, e mañá iniciaranse os labores de asfaltado ou reposición do firme do Camiño do Panasco, cunha lonxitude de 500 metros.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto cos concelleiros de Vías e Obras, Alberto Méndez, e da parroquia de Petelos, Luis Alonso; visitou esta mañá os traballos e declarou sentirse “satisfeita e orgullosa de que por fin esta obra histórica e tan demandada polos veciños sexa unha realidade”. Pola súa banda o edil Alberto Méndez informou de que estas melloras que está a acometer Fomento quedarán rematadas nun prazo máximo de dous ou tres días.

27 de outubro de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.