Medio Ambiente realizará na provincia da Coruña o maior esforzo investidor de 2015
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará na provincia da Coruña o seu maior esforzo investidor do ano 2015, cun orzamento de 207,92 millóns de euros, cifra que representa un incremento dun 12% con respecto aos orzamentos de 2014 (185,47 M€). En termos de inversión por habitante, o incremento será de 20 euros, xa que se investirán 182,68 euros por cada cidadán da provincia da Coruña, mentres que o ano pasado se fixaban 162,14 euros.
Dos orzamentos de 2015 do departamento da Consellería destaca a partida en materia de estradas, que absorbe un importe global de 156 millóns de euros, é dicir un 75% do orzamento total para a provincia.
Neste capítulo hai que salientar o impulso que recibirá o o vindeiro ano a autovía da Costa da Morte, para a que se reservan 80 millóns de euros de fondos extraorzamentarios. Neste punto hai que destacar que a Lei de medidas fiscais e administrativas permite o desbloqueo da construción da infraestrutura, mantendo a aposta e priorización da execución e posta en servizo dentro desta lexislatura do treito comprendido entre Carballo e Baio, así como a variante de Baio. Tal e como se sinalou recentemente, é o tramo máis necesario dende o punto de vista do tráfico e, polo tanto, o treito máis eficiente e rendible e implica a posta en servizo de 27 novos quilómetros de vías de altas prestacións.
Tamén salienta a partida para as obras do soterramento da Marina, na cidade herculina (2M€), para os aparcamentos disuasorios da Coruña e Santiago de Compostela (1,65 M€) e para a Variante de Aradas no Concello de Compostela (0,63 M€). No 2015, a Xunta mantén o esforzo inversor en subvencións de peaxes, para o que reserva 1,96 M€, un millón máis que en 2014.
|
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS |
2015 |
|
|
|
156,44 M€ |
|
|
|
|
|
|
ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS |
|
|
|
Autovía da Costa da Morte Concesión. |
80,00 M€ |
|
|
Soterramento Marina – O Parrote |
2,00 M€ |
|
|
Accesos ao Polígono do Bertón (Ferrol) |
0,17 M€ |
|
|
Supresión de peaxes: – AP-9 (A Barcala): 1,06 M€ – AG-55 (A Coruña – Carballo): 0,9 M€ |
1,96 M€ |
|
|
Variante de Aradas. Santiago de Compostela. |
0,63 M€ |
|
|
Aparcadoiros disuasorios – Santiago De Compostela: 0,84 M€ – Cidade da Coruña: 0,81 M€ |
1,65 M€ |
|
|
Vía Ártabra. Conexión N-VI – AP9 |
0,38 M€ |
|
|
Camiño real. Concello Oza – Cesuras |
0,30 M€ |
|
|
Acondicionamento Portomouro – Santa Comba |
0,18 M€ |
|
|
Pasarela peonil Rotonda de Sabón |
0,18 M€ |
|
|
Conexión do Corredor Brión – Noia en Sampaio (Portobravo) |
0,18 M€ |
|
A mobilidade na provincia da Coruña seguirá a mellorar grazas aos investimentos que manexará a Dirección Xeral de Mobilidade, que centrará os seus esforzos no fomento do Plan de Transporte Metropolitano das áreas da Coruña, Santiago e Ferrol con 5,88 millóns de euros, así como nas obras do Plan Renove das Estacións de autobuses con 0,40 M€.
|
DX MOBILIDADE |
2015 |
|
|
|
6,95 M€ |
|
|
|
|
|
|
ACTUACIÓNS |
|
|
|
Plan de Transporte Metropolitano da Coruña, Ferrol e Santiago |
5,88 M€ |
|
|
Plan Renove de Estacións de Autobuses |
0,40 M€ |
|
Augas de Galicia é o segundo departamento da Consellería de Medio Ambiente que manexará un maior orzamento en 2015, con 28 millóns de euros, dos cales 4,43 M€ se destinarán ás obras dos colectores xerais e da depuradora da Barcala, de Ribeira (3,93 M€), e do saneamento na zona norte da Ría de Ares e na zona de Ferrol (3,30 M€).
|
AUGAS DE GALICIA |
2015 |
|
|
|
28,01 M€ |
|
|
|
|
|
|
ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS |
|
|
|
Colectores xerais e EDAR da Barcala. Concellos de Negreira e A Baña |
4,43 M€ |
|
|
EDAR de Ribeira Convenio Augas de Galicia – ACUAES |
3,93 M€ |
|
|
Saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona de Ferrol |
3,30 M€ |
|
|
EDAR de Malpica |
2,62 M€ |
|
|
Colectores xerais e EDAR de Gandarío. Bergondo |
1,70 M€ |
|
|
Colectores xerais e EDARs en Muros: – Muros (0,54 M€) – Esteiro (0,66 M€) |
1,20 M€ |
|
|
Mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e telexestión. Boiro |
1,09 M€ |
|
|
Interceptores xerais marxe dereita ría de Ferrol. Convenio CAP VII Augas de Galicia – Concellos Ferrol e Narón – Acuanorte |
0,94 M€ |
|
|
Abastecemento área metropolitana da Coruña dende o lago artificial da central de Meirama. Fase I. Concellos de Cerceda e Carral. |
0,80 M€ |
|
|
Execución Plan Vertidos Zona norte e Zona Centro. Provincia da Coruña |
0,70 M€ |
|
|
Explotación de 12 depuradoras (destacan Ría de Ferrol, A Pobra do Caramiñal e Muros) |
7,7 M€ |
|
|
Explotación rede abastecemento en alta marxe dereita da ría de Arousa |
0,68 M€ |
|
|
Colectores xerais e EDARs en Camariñas: – Camariñas (0,21 M€) – Ponte do Porto (0,39 M€) |
0,60 M€ |
|
|
Colectores xerais e EDAR de Porto do Son |
0,55 M€ |
|
|
Mellora da EDAR da Silvouta |
0,37 M€ |
|
En materia de vivenda, os obxectivos de departamento que dirixe Ethel Vázquez centraranse no fomento de accións de rehabilitación de vivenda (3,58 M€) e de acceso ao aluguer de vivendas (2,96 M€), así como no desenvolvemento do parque residencial do Ofimático (3,48 M€). Este departamento da Xunta mobilizará un investimento total de 11,35 M€, é dicir 5 millóns máis que en 2014.
|
VIVENDA |
2015 |
|
|
|
11,35 M€ |
|
|
|
|
|
|
ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS |
|
|
|
Parque residencial Ofimático. Concello da Coruña. Xestur A Coruña |
3,48 M€ |
|
|
Axudas para rehabilitación de vivenda |
3,58 M€ |
|
|
Axudas destinadas ao aluguer de vivendas |
2,96 M€ |
|
|
VPP Ferrol |
0,25 M€ |
|
|
Reparación VPP |
0,80 M€ |
|
De xeito global, os restantes departamentos da Consellería de Medio Ambiente tamén rexistran un incremento dos orzamentos que manexarán ao longo de 2015. Así, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo mantén a súa aposta pola actualización do planeamento urbanístico dos concellos galegos con axudas por un valor de case un millón de euros e tamén pola mellora dos contornos urbanos, capítulo ao que destinará 0,68 millóns de euros.
En materia de conservación e medio ambiente, a Dirección Xeral de Conservación xestionará 1,36 M€ para as axudas aos concellos en Rede Natura 2000, a parques naturais e para a ordenación cinexética. As contas de 2015 tamén blindan orzamentos para acometer actuacións en puntos limpos, clausura de vertedoiros de residuos e limpeza de puntos de vertido incontrolado, así como para a clausura do vertedoiro das Fragas do Eume.











